займ срочно

O Valedor do Pobo advirte ao concello do Pino

0

O Pino, 17 de xullo do 2020 – O concello do Pino segue facendo caso omiso das peticións do Valedor do Pobo e ven de recibir unha nova advertencia da institución.

A denuncia dos socialistas, por no se lle facilitar as actas das xuntas de goberno e dos plenos, motivou xa tres escritos do Valedor ao concello do Pino. O último deles hai dous días e nun ton moito máis imperativo.

No escrito a institución lémbralle ao concello o artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo “impón a todos os organismos e dependencias administrativas aos que o Valedor requira informe sobre a tramitación das queixas a obriga de remitilos no prazo de quince días”

O Valedor do Pobo advirte ao concello do PinoO Valedor engade ademais que “o apartado 2 do mesmo artigo engade que a negativa ou neglixencia de calquera organismo, funcionario ou dos seus superiores responsables ao envío dos informes solicitados poderá ser considerada polo Valedor do Pobo de Galicia como hostil e entorpecedora das súas funcións, facéndoa pública de inmediato e destacando tal cualificación no seu informe anual ou especial, se é o caso, ao Parlamento”.

O concello ten agora un novo prazo de cinco días para remitir a información solicitada e do contrario será declarado hostil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies