O Plan Único da Deputación dota de alumeado LED ao Pino

0

O Pino, 6 de novembro do 2019 – Distintos núcleos rurais do concello do Pino serán dotados de alumeado LED nunha das propostas incluídas no Plan Único da Deputación.

O concello ven de publicar o anuncio de licitación de esta renovación do alumeado. O investimento total, dividido en dous proxectos, suma un total de 121.894 euros que serán financiados integramente polo Plan Único (POS+2019).

Os traballos suporán a substitución do actual sistema de alumeado (con lámpadas de vapor de sodio ou mercurio) por novas luminarias LED, que reducen ata nun 90% o consumo de enerxía e melloran a calidade lumínica, incrementando a seguridade tanto viaria como peonil.

O proxecto inclúe a substitución de 260 puntos de luz en lugares coma Casal-Cebreiro, O Castelo, Cebreiro, Quintas, Santa Irene, Cerceda, Salceda, Cabo, Castro, Brea ou A Rabaiña, entre outros.

Tamén se substituirán 28 cadros eléctricos, instalando  novos sistemas de protección para sobretensións e toma de terra e reloxo astronómico naqueles cadros que non o teñan.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 19 de novembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial