займ срочно

Piden que O Pino devolva parte das cotas das actividades deportivas

0

O Pino, 8 de outubro do 2020 – O grupo socialista do concello do Pino ven de enviar por rexistro unha solicitude para o concello devolva parte das cotas das actividades deportivas.

Piden a devolución da parte proporcional das cotas correspondentes á tempada 2019 – 2020, tanto de escolares como de adultos. Lembran que a declaración do estado de alarma, o pasado 14 de marzo, interrompeu as clases durante os meses de marzo, abril e maio.

Piden que O Pino devolva parte das cotas das actividades deportivas

Carreira escolar en O Pino, imaxe de arquivo

O Psoe remite o escrito a atención do alcalde e explica que  “os inscritos en ditas actividades abonan a cota anual no momento da inscrición, normalmente en setembro ou outubro, e a causa da suspensión é extraordinaria e non pode ser imputable aos participantes nas mesmas”.

Así mesmo, demandan que se poña á disposición de todos aqueles interesados/as un escrito-formulario para que poidan solicitar a devolución, e que o mesmo conteña un apartado para indicar o número de conta para o posterior abono.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies