O Pino fai bo o nome de estático para un equipamento deportivo

0

O Pino, 3 de febreiro do 2020 – O concello do Pino mantén almacenado distinto equipamento deportivo financiado con fondos europeos.

O Psoe denuncia que solicitou en distintas ocasións o protocolo a seguir para poder usar dito equipamento deportivo sen que polo momento o goberno municipal contestara.

Parado desde novembro

No pasado mes de novembro o concello  adquiriu diverso material cardio con cargo a unha subvención do PDR 2014-2020 (convocatoria 2018-2019). Material valorado en 38.000€, e composto por; 5 cintas de correr; 5 elípticas; 5 bicicletas; 2 remos, e tanxible auxiliar.

Este equipamento deportivo está instalado no pavillón municipal do Lameiro desde mediados daquel mes  e, según explican os socialistas, “dous meses máis tarde segue sen estar a disposición da veciñanza”.

O Pino fai bo o nome de estático para un equipamento deportivoO PSOE informa que a partir de decembro solicitaron o protocolo de uso sen que recibiran resposta algunha. Critican que se estea a privar o uso desta nova instalación cando o financiamento vén grazas ós fondos europeos, “a este paso as máquinas esgotaran a garantía e seguirán sen estrear”, apuntan.

Tamén indican que todo o mercado a través de subvencións ten unha serie de obrigas para as entidades beneficiarias, “a principal; respectar o destino da inversión, e neste caso xa se está a incumprir”, cousa que lamentan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial