займ срочно

O Pino organiza este sábado a súa XVI Carreira Pedestre Popular

0

O Pino, 7 de maio do 2019 – O Concello de O Pino celebra este sábado 11 de maio a décimo sexta edición da súa Carreira Pedestre Popular na localidade de Arca – Pedrouzo baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

As inscricións están abertas en www.emesports.es ata o mércores 8 de maio. Esta proba pertence ao VII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Na XVI Carreira Pedestre Popular haberá unha clasificación conxunta para atletas federados e non federados. As categorías de participación están divididas por idades, entre as que se distinguen a de menores e adultos. Nestas dúas atópanse 14 rangos diferentes que van dende Sub 6 á Master 4, segundo a data de nacemento dos participantes. Cada proba contará cun percorrido e hora de saída diferentes.

As inscricións poden realizarse ata o mércores 8 de maio ás 23:59 horas a través de www.emesports.es e de forma gratuíta para as probas escolares (de sub 6 a sub 18), mentres que as adultas terán un custo de 5€. Os clubs poden anotarse conxuntamente. Por outra banda, a recollida de dorsais farase no Centro Sociocultural Luis Seoane (Arca) nun prazo límite de ata media hora antes do inicio de cada proba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies