займ срочно

Piden axudas para a volta ao colexio das familias vulnerables de O Pino

0

O Pino, 2 de setembro do 2020 – O Psoe do Pino ven de reclamar uunha liña de axudas municipal que axude a reducir os gastos da vola ao colexio das familias máis vulnerables.

Según o voceiro socialista, oscar Vilar, “atopámonos no mes de setembro, mes que se caracteriza polo mes da volta ao colexio e por un gasto extraordinario para todas as familias con fillos e fillas en idade escolar, que este ano aumentará co gasto en compras de material de protección como máscaras; xeles hidroalcohólicos; dispositivos de medición de temperaturas”.

O socialista lembra que “a crise afecta de cheo ao mercado laboral e os sectores que máis sofren este forte impacto económico son os vinculados coa hostalería e comercio, que, xunto o da industria son os sectores que empregan a poboación máis vulnerable”, engade.

Piden axudas para a volta ao colexio das familias vulnerables de O PinoO PSOE pide esta liña de axudas co fin de sufragar gastos na compra de libros de texto, material escolar, medios informáticos, material dixital, ou ben material de protección como máscaras; xeles hidroalcohólicos; dispositivos de medición de temperaturas, etcétera.

 A elaboración das bases reguladoras, consideran os socialistas, debe ser a través de distintas mesas de traballos con representación de todos os grupos da corporación, “co obxecto de non deixar a ninguén atrás e contar coas achegas de todos e de todas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies