займ срочно

O Pino presenta o plan financieiro co que pagará a débeda de mais de un millón de euros da condea xudicial do polígono

0

O Pino, 13 de abril do 2017 – O concello de O Pino presentou onte o plan financeiro ao que o obriga a lei para afrontar a débeda de mais de un millón de euros derivada da sentencia firme que o declaraba responsable subsidiario ante os cinco propietarios do polígono industrial que acudiron ao Tribunal de Xustiprezo reclamando un pago máis elevado polos terreos que lle foron expropiados

Por mor desta sentenza, o Concello formalizou en 2016 un crédito a dez anos de 1.159.863 euros co Banco Popular.

O pleno de onte en O Pino aprobou un plan económico financeiro (PEF) para destinar o remanente positivo de tesourería do 2016, que superou os dous millóns de euros, a pagar o crédito entre este ano e o vindeiro 2018. O único punto na orde do día foi aprobado cos 7 votos a favor do PP, a abstención do BNG e 3 votos en contra do PsdeG.

A Lei de Estabilidade Orzamentaria do Ministerio de Facenda impídelle ao concello destinar o remanente positivo de tesourería (superávit) a inversións ou a incluílo no orzamento do ano seguinte. Este superávit só se pode dedicar a pagar débedas elaborando un plan económico financeiro, que debe ter unha duración de dous anos. Por este motivo, o equipo de goberno decidiu pagar entre 2017 e 2018 o crédito que tiveron que solicitar para aboarlle a cinco propietarios do polígono industrial o xustiprezo fixado en sentencia firme polos tribunais.
“A boa xestión económica dos últimos anos é o que nos permite agora poder pagar en dous anos un crédito que tiñamos solicitado para dez”, explicou o alcalde, quen engadiu que, “por lei, non podemos incluír este remanente nin no orzamento ordinario do concello, nin destinalo a obras”, sinalou Manuel Taboada.

Despois de cancelar o préstamo, o concello aínda manterá un remanente positivo de tesourería de 800.000 euros, “que non poderemos destinar a inversións ata que o Ministerio de Facenda modifique a lei de estabilidade orzamentaria”, indicou Taboada. Neste senso, cabe recordar que dende a FEGAMP estáselle pedindo ao ministerio de Cristóbal Montoro que lles permita a aqueles concellos con superávit (como o do Pino), poder facer inversións cos superávit de tesourería.

O voto negativo do Psoe de O Pino veu dado polo convencemento de que estes pagos limitan a capacidade de gasto do concello xa que unha parte deles poderían ir destinados a inversións sostibles financeiramente co que se cumpriría a lei Montoro e porque, según o Psoe, o alcalde Manuel Taboada sufre de amnesia xa que non pode dicir que fixo unha boa xestión si a sentenza que obriga ao pago do millón de euros tivo lugar baixo o seu mandato. Oscar Vilar é o Secretarío Xeral do Psoe e concelleiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies