As axudas de reactivación centraron o debate no pleno do Pino

0

O Pino, 1 de xullo do 2020 – As axudas de reactivación para o comercio non conseguiron o consenso da corporación do Pino polas restricións dos criterios para acceder a elas.

O concello do Pino aprobou unha partida para autónomos e pequenas empresas de cen mil euros, cun tope por axuda de 600, que foi apoiada polo goberno do PP e o BNG e votada en contra polo Psoe. A sesión aprobou tamén a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar e un expediente de modificación de crédito.

Axudas de reactivación

As axudas que o concello do Pino están pensadas para autónomos e empresas de menos de dez traballadores. O alcalde, Manuel Taboada, defendeu a proposta do equipo de goberno como unha iniciativa para tentar reactivar a economía. As axudas poderán ser dun máximo de 600 euros para pagar cotas de autónomos e outros 600 euros para alugueiros, e os solicitantes teñen que estar empadroados no Pino con anterioridade ao 15 de xuño.

O Psoe votou en contra polos criterios necesarios para acceder a ditas axudas. Os demandantes terán que presentar recibos de aluguer comprendidos entre o 15 de marzo e o 15 de xuño o que deixa fora aos propietarios de locais ou aqueles nos que o propietario decidiu non cobrar a renda durante o período. Os socialistas tamén critican as pensadas para pagar o recibo de autónomos que mantén nos criterios o mesmo período e non servirán para pagar cuotas de empregados,

Os socialistas propuxeron ademais ampliar os conceptos subvencionables e incluír outros gastos, como amortizacións de préstamos, luz, auga ou a seguridade social dos empregados pero o alcalde rexeitou esta proposta indicando que eses gastos pódense incluír en subvencións doutras administración, como Deputación, Xunta ou do Goberno central, e sinalou que “as axudas do concello son compatibles coas de outras administración”.

Servizo de Axuda no Fogar

A adxudicación do SAF foi aprobada tamén cos votos de PP e BNG. O custo será de 264.695 euros anuais, cun prezo hora de 15,60 euros en días laborais e de 18,20 en festivos. Os socialistas criticaron as bases de execución, por considerar que se valoraban moito criterios subxectivos. Dende a secretaría do concello informouse que as bases cumprían os requisitos establecidos na lei estatal de contratos.

Modificación de crédito

No expediente de modificación de crédito para destinar o superávit municipal de 899.000 euros a sufragar as axudas aos traballadores autónomos (100.000 €) e a investimentos economicamente sostibles (799.000) votaron a favor PP e BNG. Os socialistas votaron en contra porque non figuraba a relación concreta de obras que se ían a cometer.

Outros temas

O Psoe presentou unha moción para reclamar a Xunta de Galicia que axilice as concentracións parcelarias de Arca e Pereira. Os grupos decidiron converter a proposta nunha declaración institucional polo que foi aprobada por unanimidade

Tamén se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG para que dende o concello se fomenta e se promova a venda directa de produtos agrogandeiros da veciñanza e os excedentes agrarios. Nesta senso, o alcalde informou que o Concello quere poñer en marcha unha plataforma de venta online para que a veciñanza poidan vender os seus produtos por internet.

A situación do camión municipal do lixo (con máis de 18 anos e constantes avarías) foi outro punto de fricción entre o grupo de goberno e os socialistas. O psoe instou ao alcalde a buscar financiamento para adquirir un novo camión antes de que remate o actual contrato con Urbaser. O alcalde replicou que “cando o presidente da Deputación visitou O Pino hai dous anos lle pedimos axuda para mercar un novo camión e non tivemos resposta, mentres que con outros concellos si firmou convenios nominativos”. O socialista Óscar Vilar pola súa banda pediulle que indicara cantas solicitudes presentara por escrito no organismo provincial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial