Impugnan o pleno do Pino celebrado onte

0

O Pino, 19 de decembro do 2019- O Psoe do Pino ven de rexistrar unha petición de nulidade do pleno celebrado onte ao non ser notificados en tempo e forma tal e como indica a normativa.

Os socialistas xa advertiran de que impugnarían o pleno se non eran notificados con tempo suficiente. Según explican o grupo municipal tivo coñecemento da sesión pola web municipal. Reclaman tamén as actas das Xuntas de Goberno xa que desde que comezou a lexislatura non se lles facilitou ningunha e “agora tampouco nos notifica para os plenos, esta, é a súa carta de presentación”.

Tachan de machista ao Alcalde

Por outra banda, tachan de machista ao Alcalde por acusar as concelleiras de seguir os ditados do partido, “a escusa que utiliza para xustificar a ausencia de todo o Grupo Socialista, ademais de ser falsa, e totalmente machista”. “O noso Grupo está formado por tres persoas, onde as concelleiras, Inka e Noris, somos independentes e non recibimos ordes de ningún partido político. Non asistimos, posto que non recibimos ningunha notificación, e todo isto, o advertimos mediante rexistro o pasado sábado” indican as concelleiras.

Orzamentos e Pos

O pleno celebrado serviu para aprobar os orzamentos do concello que chegan aos catro millóns de euros e as obras do POS da Deputación que supoñen 900.000. O alcalde achacou a ausencia do grupo socialista a coincidencia co pleno do Parlamento de Galicia no que exerce de diputado o portavoz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial