Nova cuberta e calefacción para o polideportivo de Arca en O Pino

0

O Pino, 10 de setembro do 2017 – O Concello do Pino vai acometer importantes obras de mellora no polideportivo de Arca para eliminar as humidades e os problemas de frío, cambiando completamente a cuberta e colocando dúas caldeiras de biomasa para que o recinto deportivo poida ter calefacción.

As previsións apuntan a que dende mediados do vindeiro mes de outubro, os alumnos do CPI Camiño de Santiago poidan recibir clases de Educación Física e facer actividades extraescolares en mellores condicións.

As obras da cuberta do polideportivo de Arca serán sufragadas polo Concello que aporta 28.000 euros e a Secretaria Xeral para o Deporte, que achega outros 40.000, para substituír completamente o actual tellado de fibrocemento por un material que xa incorporar illante térmico e acústico. Deste xeito, segundo explica o alcalde, Manuel Taboada, eliminaranse as humidades e a condensación dentro do polideportivo, sobre todo nos meses de inverno.

Estas obras foron adxudicadas a empresa Construcións Taboada, que deberá telas rematadas a finais deste mes de setembro.

Por outra banda, e tamén grazas a un convenio do Concello coa Consellería de Industria, o Igape financiará a compra de dúas caldeiras de biomasa que permitirán a instalación dun sistema de calefacción no polideportivo. O Concello asumirá con fondos propios a instalación dos circuítos necesarios para a súa instalación.

Deste xeito, segundo Manuel Taboada, os alumnos do CPI Camiño de Santiago “xa poderán realizar as actividades deportivas, tanto escolares coma extraescolares en mellores condicións, practicamente dende o comezo do curso académico”. Tabaoda sinala que o concello “foi sensible ás peticións da comunidade educativa, que se viña queixando das condicións do polideportivo para facer ximnasia, sobre todo pola humidade e o frío. Con estas  actuacións, a situación vai mudar radicalmente”, indica. O alcalde recorda que o mesmo sistema de calefacción (con caldeiras de biomasa), instalouse na casa de cultura, “dando un excelente resultado que a partir do 15 de outubro seguro que se vai ver tamén no polideportivo”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies