займ срочно

O Pino presentará novas alegacións a Mina de Touro

0

O Pino, 20 de decembro do 2018 – O pleno do Concello de O Pino aprobou unha moción impulsada por Psoe e BNG instando á a presentar novas alegacións ao proxecto da mina.

O alcalde do PP, Manuel Taboada, comprometeuse a realizar as alegacións unha vez que reciba todas ás contestacións ao informe municipal, que terá que remitir á Xunta de Galicia a través da Consellería de Industria.

No pleno, o Partido Popular aprobou en solitario os orzamentos para o exercicio 2019 e as obras do POS da Deputación da Coruña, contando, neste último punto, co voto favorable do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE.

Óscar Vilar, voceiro dos socialista de O Pino, considera que as contas presentadas “son máis do mesmo”, e preguntoulle o alcalde “onde está ese millón de euros para o CPI que vostede prometeu en campaña”. Ademais, os socialistas lamentan que “figure unha partida económica máis grande para festas que para educación, motivo máis que suficiente para votar non a estes orzamentos”.

En relación ás obras con cargo o POS+2019, o socialista criticou que Taboada dedique a gasto corrente un 46% do total, e lembroulle que o PSOE presentou varias propostas e plan e todas foron rexeitadas. Finalmente, o PSdeG-PSOE de O Pino optou pola abstención argumentando que todas as obras son necesarias, “aínda que de seguro o noso grupo priorizaría os fondos para aquelas máis necesarias”.

Vilar tamén aproveitou esta última sesión plenaria do ano para rogarlle o alcalde que, antes de que remate a lexislatura, traía para o seu debate e aprobación un regulamento de participación cidadá, dando así voz a cidadanía nos plenos, un asunto que Taboada comprometeuse a estudar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies