O Pino, 26 de outubro do 2019 – A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, APLU, ven de reclamar, por segunda vez en tres meses que se lle remitan os informes sobre as sondaxes, feitas pola mina, en estradas de titularidade publica.
O Psoe de O Pino solicitara, xa no mes de maio, que se remitiran os informes das sondaxes á APLU. O alcalde respondera a esta petición con que non lle foran solicitados polo que o grupo socialista insistiu en que se fixera por iniciativa municipal dada a gravidade dos feitos.
No mes de agosto pasado o concello recibía unha primeira petición da APLU. A Axencia solicitaba os informes municipais sobre as prospeccións, a súa localización e que se identificara aos promotores. Ao non obter resposta a APLU reiteraba esta mesma semana esa petición ao concello e lémbranlle ao alcalde de O Pino o popular, Manuel Taboada, o seu deber de colaborar entre as administracións publicas.
Esta segunda reclamación prodúcese tras requirimento do portavoz socialista, Óscar Vilar, un dos denunciantes, nos seu día, das sondaxes en vías públicas cometidas por Cobre San Rafael S.L., e carecendo, a promotora da Mina, das autorizacións previas.
O Grupo Municipal do PSdeG local, denuncia a falta de interese intencionada do alcalde popular, Manuel Taboada, e así mesmo afirma que estes feitos demostran que no Partido Popular existe o favoritismo cara as empresas amigas, “levamos con este asunto case que dous anos, non hai resolución da parte que correspondente o ente local, é tampouco se envía o expediente á APLU, para que esta poida resolver”, afirman.