O Psoe do Pino nega a dimisión do voceiro

0

O Pino, 7 de outubro do 2019 – O Secretario de Organización do Psoe do Pino nega enfrontamentos dentro da agrupación ou a posible dimisión do voceiro municipal.

Amancio Fernández Codesido cualifica  de “falsa” a nota de prensa remitida o pasado sábado por algúns militantes. Explica que a dimisión do voceiro, Óscar Vila, non está prevista e que compatibilizará o cargo de Deputado autonómico, que asumiu hai unhas semanas, co traballo no grupo municipal.

Solicitude de reunión

O inicio da polémica está nun escrito remitido a Dirección autonómica do partido e firmada por seis militantes. En el dan como segura a dimisión de Óscar Vilar aludindo ao artigo 557 do Regulamento Federal de Desenvolvemento dous Estatutos Federais. Desde a agrupación local explican que un informe favorable do partido permitiría manter a compatibilidade de ambos cargos tendo en conta que o voceiro municipal non ten asinado soldo no concello e que dita compatibilidade existe en moitos outros casos.

Oscar Vilar voceiro psoe o pino

Oscar Vilar fai pouco tomo posesión como Deputado Autonómico

O que si tomará en consideración a dirección do partido a nivel local será a petición de reunión extraordinaria. Os asinantes do escrito solicitan que se renoven os cargos da agrupación e que se informe do traballo que se desenvolve no concello así como da situación económica do partido.

Malestar

Desde a dirección local mostran o seu malestar polas canles elixidas para a reclamación. Explican que o habitual é dirixirse a secretaría de organización local; se non é atendida a petición á provincial e en último caso aos órganos autonómicos e non comezar por estes últimos como sucedeu en esta ocasión.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial