Denuncian o mal estado da antiga casa consistorial do Pino e que se atopa sen seguro

0

O Pino, 10 de febreiro do 2020 – Os socialistas do Pino denuncian o mal estado no que se atopa a antiga casa consitorial do concello, situada fronte ao actual albergue de peregrinos.

A antiga casa consistorial do Pino foi construída nos seus inicios polos pais do galeguista Luis Seoane, fillo predilecto do Concello do Pino. Según o Psoe atópase nun estado lamentable con “Caleiros rotos, ventás cos cristais soltos, e varias tellas levantadas que ameazan aos peregrinos que dormen no albergue, e, tamén, a veciñanza que acode a diario á oficina de correos”.

Denuncian o mal estado da antiga casa consistorial do Pino e que se atopa sen seguroOs socialistas tamén informan que é a segunda vez que avisan que esta casa propiedade do concello non figura no listado dos inmobles a asegurar, “este inmoble, xunto a antiga escola infantil e o local da antiga cámara agraria, non figura na relación dos bens públicos municipais a asegurar”. Listado publicado na Plataforma de Contratacións do Sector Público.

Afirman que isto mesmo xa sucedera no anterior mandato, “a finais do ano 2018 alertamos desta incidencia en Pleno, houbo que repetir a licitación, e, agora na nova licitación volvese a reincidir no erro”, “non sabemos quen cargará agora coas culpas. Nós, aproveitando que a licitación quedou deserta vamos rexistrar un novo aviso ao Alcalde, a ver se a terceira é a vencida” indican.

Demandarán unha actuación urxente

O PSOE do Pino demandará unha actuación urxente, “non podemos seguir  mostrando esta penosa imaxe ao mundo, fronte a esta edificación descansan peregrinos de todas as nacionalidades, é a imaxe que mostramos como pobo é lamentable” indican.

Actualmente, a antiga casa consistorial do Pino ten varios usos; é a oficina de correos; acolle a sede de varias asociacións locais, e no verán utilízase como oficina de información turística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial