Contencioso administrativo contra o Concello do Pino

0

O Pino, 14 de xaneiro do 2020 – O partido Socialista ven de presentar un contencioso administrativo contra o Concello do Pino por vulneración dos dereitos fundamentáis.

A agrupación socialista local reclamou nos últimos meses a celbración de plenos extraordinarios pola carencia de pediatras no Centro de Saúde e polos retrasos na concentración parcelaria de Gonzar. Ante a non resposta do concello decidiron presentar este Contencioso Administrativo.

Nun comunicado publicado en Facebook o Psoe do Pino explica que “Como xa informáramos, ao final do 2019, as concelleiras e concelleiro do Grupo PSdeG de O Pino, ante a prepotencia e, tamén, o reiterado e continuo incumprimento do Ordenamento Xurídico Español por parte do Alcalde de O Pino, Manuel Taboada Vigo, vímonos na obriga de presentar un Contencioso por vulneración dos dereitos fundamentais”.

O Psoe indica tamén na publicación que “non atopamos unha explicación lóxica, o que si atopamos é unha clara mostra do seu nulo interese en ambos asuntos, e unha clara mostra de que, o Alcalde, pretende seguir vulnerando os dereitos da oposición”.

Contencioso administrativo contra o Concello do Pino

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial