Queixas pola non recollida de lixo no rural do Pino

0

O Pino, 12 de maio do 2020 – O Psoe do Pino ven de denunciar os problemas de recollida de lixo no rural polas continúas avarias do camión.

Os socialistas explican que o problema principal na recollida de lixo é que “contamos con un camión con máis de 18 anos que bota máis horas no taller que operativo, provocando que unha semana si, e outra non, as parroquias do rural queden sen o servizo de recollida, cando estes veciños e veciñas pagan o mesmo recibo que os que residen no casco urbano de Pedrouzo en Arca”.

Queixas pola non recollida de lixo no rural do PinoInacción do alcalde

O Psoe pon o punto de mira no alcalde e a falta de decisións sobre o problema  “fai tres anos xa recoñecía publicamente que o camión tiña moitas avarías, e dende aquela ningunha xestión ten feito para solucionar o problema”. 

No vindeiro pleno o Psoe pedirá nunha moción urxente a compra dun novo camión.  A proposta pasaría por alugar un por medio dun renting ata que se consiga financiamento doutras administracións para mercar un novo vehículo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial