O Pino reclamou melloras no servizo de pediatría  e A Baña farao o 16

0

O Pino, 13 de xaneiro do 2020 – Casi 90 persoas reclamaron este pasado sábado, diante do Centro de Saúde do Pino, melloras no servizo de pediatría xa que leva pechado máis de dous meses.

O Concello da Baña reclamará tamén unha mellor cobertura o próximo día 16. As fallas no servizo de pediatría prodúcese tamén aquí cando a titular está de baixa ou colle vacacións.  As familias  teñen que desprazarse en estes casos até Negreira, Santa Comba ou Compostela.

O Pino reclama melloras no servizo de pediatríaPresentación de reclamacións

Case noventa persoas estiveron durante os 45 minutos de protesta, lanzaron berros como “Queremos Pediatra Xa!!”, “Sanidade de Calidade no Rural e Feijóo escoita o Pino está en Loita”. Logo trasladáronse as dependencias do Centro de Saúde para efectuar reclamacións individuais co fin de que a Consellería de Sanidade cubra a baixa da pediatra titular sen máis demora.  Así mesmo, entre todos e todas os concentrados acordouse poñer en marcha novas medidas de presión como a recollida de firmas e, se é o caso, novas mobilizacións.

O Pino reclama melloras no servizo de pediatríaMedidas de presión que se suman as xa solicitadas polo PSOE local como a solicitude dun Pleno Extraordinario, que segue pendente de convocatoria, “unha mostra máis do nulo interese que está a mostrar o Alcalde e o Partido Popular local sobre este asunto”, indican os Socialistas.

Dende o PSOE local agradecen a tod@s os asistentes o apoio e, tamén, as achegas e ideas para serguir reivindicando á Xunta de Galicia que a sanidade do rural ten que estar á altura da sanidade das medianas e grandes vilas de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial