Alertan do risco de derrubo da Ponte de San Migueliño no Pino

0

O Pino, 28 de agosto do 2020 – O Psoe do Pino alerta do risco de derrubo que corren os piares da Ponte de San Migueliño, a poucos metros da Praia Fluvial de A Tarroeira.

Alertan do risco de derrubo da Ponte de San Migueliño no PinoAs distintas crecidas que sofre o Tambre no inverno, e a escasa limpeza das marxes do río, provocan asolagamentos que afectan á Ponte de San Migueliño. Situada na aldea do mesmo forma parte da estrada que une A Tarroeira con Rabal na parroquia de Gonzar.

Alertan do risco de derrubo da Ponte de San Migueliño no PinoEsta construción sofre un problema estrutural serio ó ter dous dos seus piares parcialmente esbarrigados, e unha importante fenda no seu piar central, tal como veñen de denunciar os Socialistas do Pino a través de distintas imaxes publicadas nas súas redes sociais.

Alertan do risco de derrubo da Ponte de San Migueliño no PinoO grupo non entende “como a estas alturas desde o Concello non se ten feito nada para intentar solucionar o problema. No inverno, cas choivas e o aumento no caudal, o danos irán a máis e corremos o risco de que a ponte se derrube totalmente, o que provocaría graves prexuízos aos veciños/as e, sobre todo, ós gandeiros da zona”.

Solicitarán informe técnico e posterior reparación urxente

O PSOE do Pino solicitará nos próximos días, presentando un escrito no rexistro do Concello, a elaboración dun informe técnico, co fin de coñecer en detalle todos os danos da ponte, e posteriormente solicitará unha intervención urxente para evitar que os danos vaian a máis.

Alertan do risco de derrubo da Ponte de San Migueliño no Pino

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial