займ срочно

O Pino segue sen aprobar o IBI de natureza rústica pese a estar aprobada en pleno

0

O Pino, 15 de abril do 2019 – O candidato socialista en O Pino denuncia que un ano despois de aprobar en pleno a rebaixa do IBI de natureza rural de 0,45 a 0,30 o concello segue sen publicar a súa aprobación definitiva polo que non se poderá aplicar.

Oscar Vilar, portavoz socialista e candidato a alcaldía, explica que en decembro do 2017 o pleno municipal atendía a solicitude dunha moción socialista de rebaixa do IBI. A petición incluía unha bonificación na base imponible para aas explotacións agrogandeiras en activo. A aprobación tiña como previsión a aplicación da rebaixa no presente exercicio, 2019, pero como explica o concelleiro  “Lamentablemente, non se poderá aplicar debido á falta de xestión no concello; tras un anuncio inicial, no BOP en abril de 2018, un ano despois segue sen publicar o anuncio definitivo”.

Vilar lamenta a falta de interese no asunto e afirma que “queda constatado, unha vez máis, que o alcalde actúa dunha forma arbitraria, e pouco ou nada lle importa o rural e o sector agrogandeiro; non é un feito illado, e outro máis, prometeu dúas veces traer o pleno os criterios para levar a cabo as bonificacións para as explotación en activo e seguimos esperando”.

Xa en clave electoral Vilar comprométese a que “en menos de 100 días de goberno estarán fixados os criterios para acollerse ás mencionadas bonificacións, primando a escasa burocracia e facilitando o asesoramento técnico e gratuíto por parte do concello”.

“A xente, cada día que pasa, está máis cansa de escoitar os políticos que hai que defender o rural, pero cando toca actuar desaparecen, nós si actuaremos, xa o temos demostrado na oposición, con este e outros asuntos, e o demostraremos con feitos no goberno”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies