займ срочно

Reclaman do concello de O Pino que actúe e vixíe na limpeza de fincas

0

O Pino, 18 de xullo do 2019 – O grupo socialista de O Pino ven de reclamar do concello unha maior actuación na prevención de incendios coa limpeza de fincas, tanto nas propias como nas de particulares.

O Psoe denuncia que non se está informando a veciñanza da obriga de manter limpas as fincas, en especial as que ameazan vivendas e edificios. Por outra banda o concello tampouco está a executar de forma subsidiaria ditos traballos para evitar os incendios forestais. O grupo da oposición ven de reclamar por rexistro que se actúe en ambos casos.

limpeza fincasOs socialistas denuncian que existen varias vivendas no municipio, e incluso edificios no núcleo urbano de Pedrouzo, que están ameazadas en caso de incendio, e que o Alcalde é sabedor de tal situación, “hai escritos presentados por distintos veciños/as e comunidades de propietarios, e, el, mira para outro lado”, apunta Óscar Vilar, portavoz municipal.

Vilar  lémbranlle que, como rexedor, ten a obriga de informar a todos aqueles veciños/as titulares e propietarios de fincas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural que teñen que cumprir co estipulado na Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia. Mantendo as súas fincas limpas e coa masa vexetal desbrozada, con unha especial atención as incluídas nas franxas dos 50 metros perimetrais.  Traballos, que,  todos os anos,  deberían estar realizados antes de finais do mes de maio como así indica a normativa.

“Máis vale previr que lamentar”

limpeza fincasO escrito presentado, polo PSOE local, indícalle ó Alcalde que o seu primeiro deber é informar á veciñanza, advertindo á mesma que no caso de incumprimento a Administración municipal poderá executar os traballos de forma subsidiaria sen prexuízo de pasar o cargo correspondente. Tamén lle recordan que un Alcalde ten que cumprir e facer cumprir as leis, aínda que poidan parecer impopulares, e que “máis vale previr que lamentar”.  Solicitando, por todo isto, que se informe canto antes a toda a veciñanza, e que Administración local proceda á limpeza inmediata das fincas que actualmente ameazan as distintas edificacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies