Piden que O Pino celebre plenos telemáticos como en outros concellos

0

O Pino, 14 de abril do 2020 – O Psoe do Pino ven de rexistrar unha solicitude no concello para que os plenos se sigan celebrando de xeito telemático.

A Lei de Bases de Réxime Local vén de ser modificada polo Consello de Ministros, co obxecto de que se garanta o funcionamento democrático das entidades locais, tal como avanzou recentemente o Delegado do Goberno en Galicia. Etas modificación permiten que as decisións e acordos en pleno, tomados de xeito telemático, teñan validez.

Para o grupo socialista  “agora máis que nunca é cando hai que tomar decisións, convocar os plenos que sexan necesarios co fin de tratar os asuntos pendentes, e aprobar todas aquelas iniciativas a prol da nosa veciñanza. A pandemia do Coronavirus non pode servir de escusa para ter todo paralizado, agora hai que poñer en valor o debate, o entendemento e a democracia”, afirman dende o PSOE local. 

Tamén indican que o Concello dispón dos medios telemáticos necesarios para este fin, “o Concello dispón dos medios, e así o certifica o último vídeo do Alcalde gravado desde o Salón de Plenos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial