Cobre San Rafael realizou sondaxes sen permiso en O Pino como xa fixera en Touro

0

O Pino, 2 de maio do 2018 – A oposición de O Pino, Psoe e BNG, ven de solicitar que se abra expediente a empresa Cobre San Rafael despois de comprobar que realizou sondaxes nas pistas municipais sen autorización.

José Luís Vidal, BNG, e Óscar Vidal, Psoe, explican que Cobre San Rafael realizou cerca de un cento de sondaxes en bens de titularidade municipal e leiras privadas. Os concelleiros destacan que, aínda que o alcalde informou no último pleno que a empresa solicitara permiso, só se concedeu autorización para catro puntos concretos e para un día e medio de traballo.

Marca deixada por unha das sondaxes nunha pista de O Pino

A oposición denuncia que a empresa leva desde mediados do 2017 realizando estes estudos que supoñen cerca dun cento de sondaxes sen contar coa autorización pertinente. Solicitan así mesmo a incoación de un  expediente de sanción e reposición a legalidade dos danos producidos, e afirman que calquera actividade ten que contar coas autorizacións e é deber do Goberno municipal esixila.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies