займ срочно

A Valedora do Pobo segue reclamando información do concello do Pino

0

O Pino, 8 de xuño do 2020 – A Valedora do Pobo reclamou xa en dúas ocasións ao concello do Pino que de xeito urxente facilite as actas das Xuntas de Goberno e dos plenos municipais á oposición e remite un informe sobre o porque dos retrasos.

Os requirimentos da Valedora do Pobo parten de distintos escritos do Psoe local reclamando dispoñer das copias das actas das Xuntas de Goberno Local e dos Plenos municipais. A Valedora informou recentemente aos socialistas de que pese as súas peticións o Concello aínda non contestou.

Querela xudicial

O Psoe local valora agora a posibilidade de presentar unha querela xudicial contra o alcalde e a secretaria. No ano que se cumpre desde as últimas eleccións presentaron xa, por rexistro, tres peticións para que lle foran entregadas as actas e, ata o momento, seguen sen ter ningunha de este período.

A Valedora do Pobo segue reclamando información do concello do Pino

Concellieiros socialistas nun dos plenos municipais

Tal e como explicao voceiro socialista, Óscar Vilar, a normativa obriga a que estean a disposición de todos os grupos da corporación aos cinco días de celebrarse as sesións “esta negación reiterada no acceso á información e documentación, sen motivo, está a privarnos dun dereito fundamental, así mesmo impídenos realizar correctamente e eficazmente o noso labor de control do goberno”.

Vilar engade que “ate o de agora o Concello do Pino nin contestou os requirimentos da Valedora, nin contestou ós nosos escritos, vai por libre, o que demostra unha vez máis a falta de respecto á institución, aos membros da Corporación, e sobre todo a veciñanza en xeral polo incumprimento da transparencia”.

Lamentan esta prácticas por parte do Alcalde, como máximo representante, e da Secretaria, técnica a cal lle corresponde dar fe e redactar as actas, “sabemos que contamos cunha Secretaria que desempeña funcións acumuladas, é dicir, que atende outro concello, pero isto non é novo, pasa en moitas vilas, mesmo aquí xa tivemos outros técnicos habilitados con carácter acumulado e nunca antes pasou isto, non se molestan nin en contestar nin en explicar as causas dos atrasos, motivos máis que suficientes para valorar en poñer o asunto nas mans dos tribunais” indican.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies