O Plan Único da Deputación suporá un investimento de medio millón de euros en Arzúa

0

Arzúa, 18 de decembro do 2018 –  O goberno municipal de Arzúa aprobou en sesión plenaria as actuacións incluída no denominado Plan Único da Deputación Provincial e que suporán un investimento de medio millón de euros.

O Plan Único destinarase a actuacións na zona rural do municipio dirixidas a mellorar o estado do firme de pistas e camiños. Por outra banda inclúese a pavimentación da rúa que vai dende a Feira do Gando ata as instalacións dos bombeiros e tamén a rehabilitación do antigo albergue de peregrinos situado no Río Vello.

No rural acometerase a pavimentación do núcleo de Pastoriza A Vella; o arranxo do camiño de Tronceda A Nova a Bustelo (Brandeso); a mellora do acceso entre Bascuas e Fontealvite; o acondicionamento do camiñó do cruce de Rourís a Sebio (Burres) e a mellora do camiño de Sesar á Estrada de Pontecarreira.

No denominado Plan Complementario o goberno municipal contemplou a: pavimentación dende o Rial a Pantiñobre; acondicionamento do camiño de A Riva a Castro; mellora do camiño de Tronceda A Nova a Tronceda A Vella; arranxo do camiño da Paínza a Casaldoeiro; mellora do camiño das Pedras ao Chinelo; acondicionamento dunha pista no lugar de San Salvador; ampliación da beirarrúa na estrada Rego da Raña e renovación do alumeado nas parroquias da Mella e Viladavil.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, salientaba “a importancia destas actuacións que dan resposta a diversas peticións veciñais e que procuran atender aquelas necesidades máis prioritarias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial