O pleno de Compostela da as costas ao Partido Popular

0

Compostela, 8 de marzo do 2019 – O Partido Popular non foi quen de convencer a ninguén no pleno extraordinario solicitado para crear unha comisión de investigación en torno aos contratos menores.

O pleno non só denegou a solicitude do PP se non que serviu para que os partidos recriminaran de distintos xeitos a actitude dos populares. A sesión comezou coa intervención de Cristina Cordeiro que falou en nome da  Asociación de Profesionais da xestión cultural. Cordeiro pediu respeto para os profesionais e explicou que son os primeiros interesados en facer as cousas ben e que non se poden espallar dúbidas sobre o seu traballo

A primeira quenda de Alejandro Sánchez Brunete, xa que Agustín Hernández non falou en ningún momento, foi en todo momento nun tono moi “bronco”. Repetiu o dito en múltiples ocasións pero sen aportar datos concretos, de feito recoñeceu que non teñen porque existir ilegalidades pero que o seu traballo é facer unha valoración política

Goretti Sanmartín, do BNG, foi quen puxo máis sentido común na súa intervención.  Dixo que un pleno así non tería sucedido se non fora porque faltan tres meses para as eleccións e que deberíase falar do que ofrecen dos partidos á cidadanía.

O socialista Paco Reyes insistiu en que este tipo de contratos necesitan unha regulación pero recriminou ao PP que chegara, de novo, ao pleno sen datos, sen ter comprobado si hai ou non sospeitas

Un Martiño Noriega moi enfadado acusou a Agustín Hernández de difamar sabendo que tiñan a medios de comunicación ao seu servizo,  lembrou que nos últimos dez meses de mandato do Partido Popular repartíronse entre medios privados un millón de euros. O alcalde falou de novo das vítimas civís, de ir a polas pequenas empresas e non falar das grandes contratas

As segundas quendas foron pola mesma liña e non aportaron moito máis que as acusacións de Brunete que, tampouco en esta ocasión, aportou probas de ningún tipo manténdose na idea de que coa crítica  política chega aínda que non exista ilegalidade nin irregularidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial