займ срочно

O pleno de Lousame reelixe como xuíza de paz a Dolores González Castro

0

Lousame, 28 de decembro do 2018 –  O Concello de Lousame celebrou unha sesión extraordinaria e urxente para aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito (REC 12/2018) de 4.158,57 euros e proceder ao nomeamento da xuíza de paz titular e substituto.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, xustificou a urxencia da convocatoria no feito de ser o derradeiro día para o nomeamento da xuíza de paz e na necesidade de que o pleno aprobara o REC para poder abonar as facturas con cargo a este ano.

O REC 12/2018 ascende a 4.158,57 euros e correspóndense con facturas pola compra das canastas de minibasket para a escola de baloncesto de Lousame, a reposición de ordenadores na Casa da Cultura e a compra dun teléfono móbil. A proposta foi aprobada cos seis votos a favor do Grupo de Goberno e as 3 abstencións do PSOE (BNG e Terras de Lousame non asistiron á sesión).

No que atinxe ao xuíz de paz, o pleno aprobou por unanimidade a candidatura de Dolores González Castro, que leva no cargo dende 1997. Así mesmo, todos os concelleiros abstivéronse na votación da candidatura de Xoán Evans Pim como xuíz substituto, polo que esta non foi aprobada (xa que precisaría do apoio da maioría absoluta do Pleno municipal).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies