O Polígono de Negreira terá videovixilancia e un aparcamento de vehículos pesados

0

Negreira, 25 de outubro do 2018 – A Consellería de Economía da Xunta ven de facer unha achega que permitirá ao concello de Negreira habilitar un parking de transportes pesados e videovixilancia ao polígono industrial.

cof

O Delegado na provincia, Ovidio Rodeiro, fixo unha visita ao concello para comprobar os proxectos de mellora das infraestruturas viarias e da seguridade do polígono. Estes traballos realizaránse nas vindeiras semanas grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industrial de 172.674 euros, cantidade á que hai que engadirlle a aportación do propio Concello.

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañou ao delegado territorial, xunto ao primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular, Juan Rey e María José Carballo, que comprobaron que o investimento permitirá dotar ao polígono negreirés dun sistema de videovixilancia e dun aparcadoiro para vehículos pesados.

A actuación forma parte da orde de axudas a través da cal a Xunta investirá 395.000 euros para mellorar os parques empresariais da área de Santiago en catro concellos: Negreira; Melide; Ordes e Santa Comba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial