O primeiro derbi Noia Santiago resólvese para o Futsal

0

Noia, 8 de outubro do 2018 – Non foi doado para o Santiago Futsal gañar na pista do Noia Portus Apostoli e ata 5 segundos de rematar o encontro non conseguiu a vitoria.

Ambos os dous equipos comezaron poñendo o cen por cen na pista e buscando o gol desde o primeiro momento. No minuto 9 David Palmas inaugurou o marcador ao introducir na portería visitante un potente disparo desde 10 metros que tocou na madeira antes de acabar no fondo da rede. Tras o primeiro gol, Noia  Portus  Apostoli fíxose co control do esférico e, tras dúas boas accións de  Iago Barro para evitar o tanto de Cristian con disparos afastados pero perigosos, chegou o 2-0. Unha internada de  Xuxa por liña de fondo finalizou co balón tocando en Isma e introducíndose en meta santiaguesa.Antes do tempo de descanso Dani Zurdo, nunha xogada de estratexia, culmina cun tiro axustado ao pau que tocou no meta noiés e materializou o 2-1.

Tras o paso por vestiarios e despois dun primeiro aviso noiés no que ben puido chegar o terceiro gol local obra de Dani Colorado, o Santiago  Futsal fíxose co control do xogo. Cunha presión a toda pista e manobras efectivas ao ataque, chegou o asedio visitante sobre a meta noiesa; un man a man de Santi ante o porteiro e unha  galopada de Lucas pola esquerda con tiro cruzado, non conseguiron nada porque aparecía o meta noiés Carlos para salvar aos seus. Por fin no 26′, Santi culminou ao segundo pau unha combinación de  Zequi e e Adrián Pirata pola dereita para anotar o 2-2.

Na recta final do encontro Juan Puertas deixaba calados aos santiagueses cun remate cruzado que se marchou fóra, ao que sucedeu unha xogada de  Zequi que tampouco lograba romper a igualada. A falta de 39 segundos para o final, Noia  Portus  Apostoli decidiu esgotar as súas opcións con porteiro-xogador pero non dispuxeron de claras accións ao ataque. Cando o marcador restaba 18 segundos, David Palmas foi expulsado con dobre cartón amarelo. O Santiago  Futsal non desaproveitou a inferioridade rival e Dani Zurdo fixo explotar á bancada santiaguesa co terceiro e definitivo tanto do encontro. Cando o luminoso reflectía 2.27 segundos para o final os árbitros decretaron o final do partido cun marcador final de 2-3 favorable ao Santiago  Futsal.

Encontro intenso coas gradas cheas das dúas aficións. A proximidade das dúas vilas fixo do partido unha festa do Fútbol Sala que se repetirá na segunda volta na capital con, si cabe, aínda máis rivalidade despois de este marcador.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial