O proxecto de mellora da zona da Ponte en Padrón terá que ser adaptado a nova normativa

0

Padrón, 2 de febreiro do 2019 –  A subdelegación de goberno ven de emitir un comunicado no que explica que a falta de investimentos nos últimos anos fai que os traballos no barrio da Ponte en Padrón teñan que ser adaptados as novas normativas.

Ante as críticas aos orzamentos estatais no que atinxe a obra da nacional 550 en A Ponte, en Padrón, a  subdelegada do Goberno sinala que o Ministerio de Fomento está a abordar agora o que se debería levar a cabo os últimos anos.

Para Pilar López-Rioboo lembra que co ” cómplice silencio do PP de Padrón” o investimento nos últimos anos fo de cero euros. A subdelegada remitiuse á realidade dos feitos “a realidade é que o proxecto debe ser adaptado á nova normativa vixente sobre trazado e sinalización e posteriormente ser supervisado, aprobado e licitadas e adxudicadas  as correspondentes obras, polo que a partida prevista de 100.000 euros está axustada aos devanditos trámites”.

A subdelegada do Goberno lembra que os orzamentos do Estado son “realistas e executables, que se contrapoñen aos deseñados polo PP durante os últimos anos e que se converteron en papel mollado, como se viu co proxecto da urbanización da travesía da  N-550 na Ponte e co feito de que o PP deixou de gastar en Galicia 2.000 millóns de euros no últimos cinco anos”.

A dotación de 100.000 euros nos orzamentos responde ao momento  procedimental do proxecto e á lóxica orzamentaria. “O triste é que o PP de Padrón estivese calado ata agora e non dixese nada sobre a falta de investimentos e sobre a falta de execución do proxecto e que se acorde agora de elevar a voz cando en realidade o actual Executivo está a facer o que debería facer o seu Goberno amigo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial