займ срочно

O Psoe da Baña fai pública unha proposta de goberno

0

A Baña, 10 de xuño do 2019 – As relacións entre Psoe e CxG en A Baña nunca foron boas pero teñen nas mans a posibilidade de conformar un grupo de goberno para o que os socialistas propoñen xa un organigrama.

Nun comunicado remitido na noitiña de este domingo, firmado polo candidato José A. Pereira Gil, propoñen un pacto de goberno “no cal teñan cabida ambos programas electorais. Un compromiso adquirido de consenso co fin de sacar á Baña da situación de letargo na que está sumida dende fai moitos anos”.

O Psoe explica que creou un grupo de traballo que terá que reunirse co de Compromiso por Galicia “Consideramos esta primeira reunión de vital importancia, xa que denota polas dúas partes a intención de chegar a un acordo, que en certa maneira satisfaga a ambos pero que, sobre todo, cumpra coas expectativas plasmadas pola maioría social nas urnas”.

En todo caso os socialistas propoñen tamén unha distribución de cargos “atendendo aos resultados electorais (única premisa obxectiva), dito proxecto debe ser liderado polo partido de maior representación (PSOE) quedando unha tenente alcaldía á disposición da segunda forza (CXG). Segundo o número de votos obtidos por CXG, que lle outorgaron dous concelleiros, consideramos que tamén debería facerse cargo dunha das áreas de goberno. Todo isto será garante para manter unha gobernabilidade conxunta da institución municipal”.

O Psoe remata a nota solicitando unha resposta ” coa maior brevidade”. Veremos si son capaces de deixar a un lado as cuestións persoais ou pola contra vese frustrado o acordo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies