O Psoe de O Pino comprométese a regular a colocación de carteis no concello

0

O Pino, 4 de maio do 2019 – Oscar Vilar, candidato socialista ao concello de O Pino, propón regular a colocación de anuncios e carteis informativos no concello.

Os socialistas denuncian o actual descontrol nos carteis e apostan por unha ordenanza municipal reguladora, “necesitamos control, orde e combater o feísmo, temos que dar unha boa imaxe como pobo situado as portas de Santiago”

No concello de O Pino, ofértanse preto de dúas mil prazas de aloxamento. Este aloxamento, repartido en hoteis, pensións e albergues, leva aparellado un anuncio sen control que está a causar, según o Psoe,  unha mala imaxe no pobo. Oscar Vilar explica que “non podemos permitir a colocación sen orde e control de carteis publicitarios que buscan o reclamo do peregrino, necesitamos colocar toda esa publicidade en puntos estratéxicos,  combatendo o feísmo e dando a mesma oportunidade a todas e todos.Non tratamos de prohibir os anuncios, o que si faremos e que estes anuncios se atopen concentrados en grandes paneis informativos”, afirma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial