O PSOE de Tordoia pedirá a documentación da nave da Pontraga

0

 

Tordoia, 28/06/2016 – O PSOE de Tordoia vai solicitarlle ao Concello toda a documentación sobre a situación actual da nave da Pontraga, construída por Adriva Collection e na actualidade utilizada como almacén para feirantes, despois das afirmacións públicas realizadas polo alcalde, Antonio Pereiro, nas que aseguraba que coñecía ao novo dono e que “teno todo ao día”. “Supoñemos que, se é certo que o alcalde falou co novo dono, lle explicaría que sobre esta nave hai unha orde de derrubo por estar construída de forma ilegal e tras fracasar varios intentos do señor Pereiro de legalizar a situación”, apunta Carlos García, voceiro municipal socialista.

Carlos García explica que o caso de Adriva Collection non é válido como exemplo da deslocalización do sector téxtil na comarca de Ordes, senón que máis ben “é un exemplo dun pelotazo nunha época na que todo servía e ninguén revisaba nada, así como da nula capacidade dos dirixentes do PP, tanto na comarca como na Xunta, que tiran con fondos europeos como se nada pasara”.

Orde de derrubo

Neste sentido, lembra que Adriva Collection recibiu unha subvención de 600.000 euros do Grupo de Desenvolvemento Rural da comarca de Ordes para a construción da súa nave na Pontraga, sendo o seu presidente Antonio Pereiro. “Aos seis meses, a empresa deixou de pagarlle aos empregados e aos dous anos desapareceu do mapa”, resume o voceiro municipal socialista.

Carlos García recorda que a licenza de construción da nave foi recurrida por un responsable de Urbanismo da Xunta de Galicia, condidado á inauguración, por estar construída en solo non industrial e que non dispuña dos requerimentos mínimos para albergar un inmoble desas características. De feito, sobre a nave pesa unha orde de derrubo, como ben coñece o alcalde de Tordoia que fracasou nos seus intentos de destinar esa zona como polígono industrial e mesmo en dotalo de accesos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies