займ срочно

O Psoe de Trazo denuncia o uso que se fai das Xuntas de goberno

0

Trazo, 11 de xullo do 2017 – O Psoe de Trazo denuncia nas redes sociais a convocatoria de Xuntas de goberno fora do acordado no regulamento de organización do concello e o gasto que supón.

Según o regulamento aprobado ao principio da lexislatura as reunións de estas xuntas deberían celebrarse en venres alternos sempre que fose necesario. O Psoe decatouse do uso que José Dafonte fai das xuntas de goberno ao recibir as actas de febreiro e marzo. Estas actas desvelan que as xuntas de goberno celébranse noutros días por semana e as veces de xeito consecutivo e pon como exemplo as seguintes

23 de febreiro (xoves): aprobación de facturas e licenzas

8 de marzo (mércores): modificación de proxecto

9 de marzo (xoves): aprobación de facturas

17 de marzo (venres): aprobación de facturas

Según o Psoe o custo de cada Xunta de goberno para o concello e de 450 euros en gastos de asistencia dos 3 concelleiros que a forman, por iso non entenden a necesidade de celebrar dous días seguidos Xuntas de goberno dándose ademais a circunstancia de que ningún deles era venres.

Pero ademais o Psoe denuncia que as facturas aprobadas en esas Xuntas de goberno corresponden a servizos prestados ata tres meses atrás o que explica que según os datos de Facenda o concello incumpra os prazos legais de pago. O Psoe di non entender como si se fan Xuntas de goberno semanais non se leva o pago de facturas ao día.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies