займ срочно

O Psoe elixe a González Formoso como candidato á presidencia da deputación

0

Bisbarra, 1 de xuño de 2019. Os socialistas da provincia da Coruña elixiron a Valentín González Formoso como candidato á presidencia da Deputación da Coruña, cargo que ostentou os últimos catro anos

O Comité Provincial, no que están representadas todas as agrupacións locais, aprobou a candidatura do actual secretario xeral cun 98% de apoio e ningún voto en contra (147 a favor e 3 abstencións). Na súa intervención previa á votación, González Formoso asegurou que nos próximos catro anos “manteremos un criterio de reparto de axudas xusto e equilibrado, ademais de potenciar as iniciativas para fomentar o emprego e loitar contra a despoboación”.

“Creo que estes catro anos xestionamos unha Deputación transparente, obxectiva e cercana á xente, respectando a autonomía municipal e dándolle un gran impulso ao plan único e os plans de emprego”, afirmou o secretario xeral dos socialistas da provincia.

Lindeiros entrevistaba hai uns meses a Formoso

Balance electoral

A reunión serviu tamén para que os socialistas fixeran balance das municipais do pasado domingo. Os resultados foron moi satisfactorios, cun aumento do voto do 42% e a aspiración de ser a forza que goberne en máis concellos.

En concreto, o PSOE obtivo 53.000 votos máis que hai catro anos na provincia e case 100 concelleiros e concelleiras máis. Na Deputación, pasouse de 8 a 11 deputados. Os socialistas son primeira forza en 32 concellos, 22 deles con maioría absoluta.

“Por maioría absoluta ou relativa, estamos en condicións de gobernar nestes 32 concellos, pero noutros dez podemos facelo a través de pactos progresistas liderados polo PSOE”, engadiu Formoso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies