займ срочно

O que une o Foro Cívico que non o separe a política

0

Compostela, 10 de maio do 2019 – O Foro Cívico de Santiago ven de conseguir algo sorprendente en Compostela e máis aínda no comezo dunha campaña electoral municipal.

Repasando as declaracións dos políticos dos últimos meses ninguén apostaría por sentar nunha mesma mesa aos portavoces dos partidos con representación no concello. Moito menos que asinaran un compromiso de implicación cos principais temas da cidade e que o presentaran sen dicir nada, deixando falar ao Foro Cívico, a sociedade.

Iso foi o que sucedeu na Cámara de Comercio. Agustín Hernández, PP; Goretti Sanmartín, BNG; Martiño Noriega, Compostela Aberta e Xosé Sánchez Bugallo, Psoe, asinaron un documento que pretende ser unha folla de ruta nos principais temas da cidade.  Un documento que contén aqueles temas que o Foro considera que son de capital importancia para a cidade e que son esenciais no presente e o futuro de Santiago. Cuestións que ademais deben quedar fóra da disputa partidaria, xa que transcenden a unha única lexislatura, ao consideralos estratéxicos.

José Carballo, vicepresidente da Cámara de Comercio destacaba a humildade e xenerosidade de tódolos candidatos alí presentes. A preguntas dos xornalistas, acostumados as liortas políticas, Carballo poñía a vista no futuro

Delmiro Prieto, un dos responsables da Fundación Santiago Centro e membro tamén do Foro, contaba que a idea xurdira un ano atrás partindo da base de que si as cousas estaban mal todos teríamos parte de culpa

Temas decisivos

Os asuntos que as forzas políticas representadas, se comprometeron a apoiar co liderado do Alcalde ou Alcaldesa da cidade, e a defensa ante as administración públicas competentes son:

  • A potenciación da industrialización de Santiago de Compostela. Sabendo que o peso do PIB da industria en Santiago sobre o PIB galego está moi afastado do obxectivo do 20% proposto para o conxunto da UE no 2020. Apenas chega á metade do de Galicia, que, á súa vez, non chega ao de España, que á súa vez queda lonxe do de Alemaña e outros países da UE.

Nese sentido, pediuse a todos os candidatos e candidatas un apoio decidido e unánime aos incentivos que formulan a Asociación de Empresarios do Tambre,a Cámara de Comercio e a Universidade, dende a Mesa Sionlla Biotech-Madeira.

  • O replantexamento da Estación Intermodal que cun movemento superior aos dous millóns de usuarios, resulta clave garantir a mobilidade de calidade e que hoxe en día sexa posible sacar adiante o proxecto da intermodal, planificado e orzado. Santiago, porta de entrada e primeira imaxe do turismo na nosa Comunidade debe contar cunha estación intermodal digna, e sobre todo eficiente.
  • A axilización na data de finalización de varias infraestruturas viarias coma a das obras da Autovía Santiago – Lugo (A-54), xa que é a única que existiría dende Santiago de enlace cunha capital galega e a meseta, sen ningún tipo de peaxe.

A Autovía Santiago – Lugo A-54 considerase imprescindible para a conexión

coa Autovía A-6 permitindo axilizar o transporte, de forma eficaz e eficiente do Sur de Galicia cara ao Cantábrico.

E a conexión da AP-9 e da A-54 coa N-550 e a prolongación ata a estrada de Noia, viales que tamén provocarían favorecer as liñas de transporte entre a comarca e outros puntos da xeografía galega.

  • Outro dos apartados que se trataron foi a proposta de que Santiago de Compostela non pode seguir coa situación actual en canto á depuración das súas augas residuais, solicitándose un consenso sobre a mellor solución sin que signifique un gravame excesivo para os cidadáns de Santiago e Comarca.
  • E xa como último punto, o Foro manifestou unha enorme preocupación polo retraso histórico que o Concello de Santiago sofre á hora de outorgar licenzas urbanísticas. Solicitándose o consenso de todos os aspirantes para a reforma, esixencia e modernización da nosa Administración, sendo fundamental a implantación da tramitación telemática ou electrónica.

As forzas políticas e os axentes sociais e empresariais da cidade, presentes neste acto, comprometéronse a buscar canles de colaboración para tratar de conseguir un consenso nos temas cruciais para a cidade e a súa área de influencia.

O Foro Cívico

O Foro Cívico de Santiago de Compostela, é unha plataforma de traballo que reúne a institucións, asociacións e colexios profesionais da capital galega como son a Universidade, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, a Fundación Santiago Centro, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o Rotary Club, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, a Asociación de Antigos Alumnos da Universidade, a Asociación de Xornalistas de Santiago, Compostela Solidaria, a Asociación Vicus Francorum, o Colexio Maior A Estila, o Colexio de Avogados, o Colexio de Economistas, o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais e o Colexio de Procuradores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies