O radar de Conxo impuxo 17.000 multas en tres meses

0

Compostela, 8 de outubro do 2020 – O radar de Conxo segue sendo motivo de debate e moitos seguen a cuestionar que a súa finalidade sexa a seguridade viaria, o Partido Popular cre que é recadatoria.

 O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu unha rolda de prensa na que denunciou o importante efecto sancionador do radar de Conxo que, en só tres meses, xerou máis de 17.000 multas. O Popular destacou que, nese tempo, este radar “sangrou aos cidadáns nunha cantidade que pode superar os dous millóns de euros como cifra estimativa”.

Brunete cualifica a cifras de escándalo xa que “en Santiago, anualmente, se incoan uns 34.000 expedientes sancionadores de tráfico no ámbito do termo municipal que xestiona o propio Concello, é dicir, nunha ampla área con numerosos viais e de moito tráfico polo que en Conxo xeráronse máis da metade das multas anuais que se viñan dando en todo Santiago en todo un ano”.

O radar de Conxo impuxo 17.000 multas en tres mesesEngano dos orzamentos municipais

Na súa intervención, Sánchez-Brunete explicou que con isto “descubrimos a impostura, o engano dos orzamentos municipais, que estimaban un efecto moi limitado do radar, falaban dun centos de miles de euros, pero con estas cantidades podemos imaxinar o que se vai desviar a previsión orzamentaria”.

Para o voceiro Popular, esta situación supón “unha subversión da legalidade e a proporcionalidade tributaria a base de multas indiscriminadas que non teñen en conta a capacidade económica dos cidadáns, polo que instamos ao alcalde a que restitúa o que ten que ser a contención recadatoria, o que significa aplicar un tributos xustos e non multas inxustas, é dicir, que aplique tributos que teñan en conta a capacidade económica e, ademais, non están pensadas para soster servizos públicos”.

Finalmente, o Popular quixo deixar un dato a modo de resumo da situación e engadiu que “o Concello de Santiago exerce catro tipos de actividades: de ordenación, de prestación de servizos públicos, de fomento e unha actividade sancionadora, o que significa un total de 60.000 actos administrativos, sendo multas o 85 % dos mesmos, fundamentalmente a condutores, o que indica que isto hai que repensalo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial