O río Maruzo en Frades xa ten nova ponte

0

Frades, 2 de febreiro do 2019 –  Esta semana reabríase o tráfico sobre o río Maruzo en Frades unha vez rematadas as obras de construción dunha nova ponte que substitúe a anterior, que presentaba roturas na zona de contacto coa auga.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “acabamos de recibir as obras executadas pola Consellería do Medio Rural, a quen agradecemos a súa colaboración pois sen ela non poderíamos ter asumido este arranxo, polo que dende hoxe venres a ponte sobre o río Maruzo volve estar aberta á circulación”.

A ponte constaba dun tubo de aceiro que presentaba roturas na zona de contacto coa auga, agravadas durante as riadas do ano 2017. As obras consistiron na substitución deste tubo por un marco prefabricado de formigón armado de 5 x 4,5 metros e cun ancho de taboleiro de 8 metros, acompañado por pedra de granito. Unha estrutura que conta con cinco metros máis de ancho ca ponte anterior, o que aumenta a seguridade viaria e peonil. A maiores, reafirmouse a estrada con triplo tratamento asfáltico e colocouse unha varanda metálica. Como a actuación tivo lugar nunha zona con especiais valores naturais, xa que afecta parcialmente ao LIC Río Tambre, o proxecto incluíu a rexeneración paisaxística da contorna da ponte e a plantación de especies autóctonas.

O alcalde, Roberto Rey Martínez,  explica que “Pedimos axudas tanto á Xunta como á Deputación e finalmente foi a Consellería do Medio Rural quen incluíu esta obra no Plan de Infraestruturas Rurais 2017 e achegou os máis de 82.000 euros precisos para construír a nova ponte”.

O rexedor  reitera as desculpas do Concello de Frades polas molestias causadas á veciñanza durante os tres meses que duraron os traballos de derrubo da antiga ponte e construción da nova, “especialmente á veciñanza de Augasantas, que non puido acceder á súa aldea dende Vitre, pero tratábase dunha actuación moi necesaria para garantir a seguridade viaria de todas as persoas que transitan por esta vía”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial