займ срочно

O Roteiro e Cocido de Lalín tivo máis de cen participantes

0

Lalín, 20 de febreiro do 2019 – O Concello e Roteiros de Lalín realizan un balance moi positivo dos resultados acadados coa campaña de promoción das diversas rutas de sendeirismo e do Cocido desenvolta durante o mes de febreiro.

Nesta ultima fin de semana os voluntarios e voluntarias de Roteiros acompañaron a dous grupos chagados dende A Coruña e dende Bueu, que realizaron respectivamente o Roteiro do Corpiño e a Ruta da Fraga de Quiroga. Ademais, o sábado pola mañá o grupo “Alecrín” organizou unha andaina pola serra do Candán, mentres que representantes da plataforma Salvemos Catasós acompañaron a outro grupo na tarde do sábado a visitar o Monumento Natural. O domingo tamén houbo sendeiristas na Fraga de Catasós convocados pola organización “A senda do moucho” que viñeron dende Vigo.

dav

Os 43 sendeiristas chegados de A Coruña foron guiados por un voluntario de Roteiros de Lalín. A ruta partiu do Pazo de Liñares e rematou en Anzo despois de 12 quilómetros. Seguidamente os participantes trasladáronse en autobús ata O Corpiño onde degustaron un excelente cocido. Xa pola tarde este grupo visitou o Santuario e fixo parada no Pazo de Anzuxao onde puideron degustar e adquirir queixo e mel en lácteos Anzuxao. Os asistentes destacaron a paisaxe e as fermosas casas grandes de aldea que se poden ver durante o percorrido. As igrexas de Noceda, Madriñán e Anzo estiveron abertas para ser visitadas e os participantes escoitaron breves explicacións sobre os seus elementos máis destacables. Tamén foron apreciados os castros de Noceda e Losón así como as diversas mostras de arquitectura popular existentes no percorrido, especialmente os muíños, e a “pedra seca” das congostras e valados. 

En canto ao grupo de Bueu, os 40 integrantes do mesmo fixeron un pequeno percorrido de 3 quilómetros pola Fraga de Quiroga guiados tamén por voluntarios de Roteiros de Lalín e de Salvemos Catasós. Os participantes escoitaron os detalles destacables das Fragas de Catasós e foron postos ao día da súa situación e da necesidade da extensión da protección de todo este espazo ademais da Fraga de Quiroga como Monumento Natural. Seguidamente acudiron a desfrutar dun Cocido nun dos restaurantes do Concello.

A simbiose entre Cocido e sendeirismo polas máis fermosas paraxes lalinenses é unha das mellores experiencias de ocio das que se pode disfrutar neste inverno. O traballo desenvolvido nos últimos anos por Roteiros de Lalín  está servindo para recuperar camiños tradicionais e para dar a coñecer as riquezas patrimoniais e naturais do municipio pero, ao mesmo tempo e como se demostra coa actual iniciativa, está servindo como elemento para a atracción de visitantes e, polo tanto, como factor dinamizador socioeconómico do noso municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies