O Santiago Rugby feminino ten nova equipación

0

Compostela, 7 de febreiro do 2019 – O equipo feminino do Santiago  Rugby Club estreou a súa nova equipación cortesía do concesionario oficial Volkswagen  Yañez.

 A nova equipación estreouse no partido que as enfrontou ao equipo Muralla Ourense. A festa non puido culminarse coa vitoria xa que a pesar do tesón das compostelás nesta ocasión os seus rivais cometeron moi poucos erros. As adversarias despregaron un xogo contundente en dianteira e sinxelo pero eficaz na liña de tres cuartos. A pesar de todo as locais seguiron loitando e froito do tesón alcanzaron o ensaio de honra que fixo máis levadía a derrota.

A próxima fin de semana toca partido fóra de casa contra as todo poderosas  CRAT de Coruña, ocasión perfecta para ir collendo experiencia e seguir mellorando.

Balance positivo esta tempada coa incorporación de novas xogadoras. O Club anima a todas as mozas a que participen ás xornadas de portas abertas que realizarán durante todo o mes de febreiro no campo de  Rugby da USC e veñan probar este deporte de forma gratuíta.

Máis  info en www.rugbyencompostela.com

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial