O Santiago Rugby segue aspirando aos play off

0

Compostela, 5 de febreiro do 2019 – O Santiago Rugby Club segue na loita por entrar nos  play  off que lle dean a oportunidade de gañar a liga da 2º galega como demostrou ante o Mareantes de Pontevedra.

Este sábado o Santiago Rugby logrou unha remontada de infarto. Ao ensaio conseguido por  Brais e transformado por  Fikre sumóuselle un oportuno  drop lanzado polo polifacético Tirso. A partir de aí o veterano equipo do Mareantes de Pontevedra aumento a intensidade e conseguiu encerrar na 22 aos locais que tiveron que aplicarse duro en defensa para frear as arremetidas do paquete dianteiro pontevedrés.

Tanta intensidade pasoulle factura ao Santiago en forma de dúas tarxetas amarelas que minguaron a resistencia  co que pouco despois os do  Lérez conseguiron empatar ao fío do descanso. Táboa rasa para o comezo do segundo período cun 10 a 10 no marcador.

No minuto 50 Mareantes a base de dianteira alcanzaba por segunda vez a liña de ensaio tras unha  mele a 5 metros. A partir dese momento loita equilibrada e boa actitude dos pupilos de Kiko que se negaban a baixar os brazos a pesar de que o tempo se esgotaba.

O público animaba conscientes de que as opcións se  desvanecían por momentos. Novamente Tirso, sacando rapidamente un golpe de castigo, sorprende á defensa pontevedresa e tras bater ao defensor pousa o oval preto de paus entre o xúbilo da bancada.

Ensaio e  transformación que dan volta ao resultado 17 a 15 e por diante a penas 2 minutos de nervios para aguantar as últimas rabexadas dun Mareantes doído pero aínda con moito perigo.

O árbitro decretou o final cando o equipo conseguiu, tras parar os ataques da tres cuartos de Mareantes, recuperar o oval nun épico  contraruck.

O Próximo sábado Santiago  Rugby Club enfrontarase ao Barbanza  R. C. no campo de  Rugby da USC ás 18 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial