займ срочно

O sector forestal cítase en xuño do 2018

0

Silleda, 29 de xuño do 2017.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA celebrará o seu monográfico forestal Galiforest Abanca do 28 ao 30 de xuño de 2018.

A decisión tomouna o Comité Organizador reunido onte no recinto para comezar a perfilar aspectos relativos ao desenvolvemento da que será a quinta edición do certame, que de novo terá lugar no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

A reunión do comité de Galiforest estivo presidida polo director xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto Juanas, quen indicou que se pode considerar que Galiforest Abanca “foi un éxito” na súa pasada edición, cunha “importante consolidación”, e que agora “o reto é continuar con esa liña ascendente”.

O director xeral estivo acompañado por representantes de numerosas empresas e colectivos con gran peso no sector forestal que apostan polo evento. Así, tiveron presenza as entidades Clúster da Madeira de Galicia, Consello Regulador da I.X.P Castaña de Galicia, Serfoga (Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia), Cis Madeira (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia), Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia e o centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, e tamén as firmas Andreas Stihl, Forest Pioneer, Industrias Guerra, Guifor, Hitraf, Integraciones Técnicas de Seguridad, Logmax Iberia, Recambios Frain e a división agraria de Abanca.

Desculparon a súa asistencia á reunión pero amosaron o seu respaldo ao certame outras moitas entidades e empresas. Ademais, estivo presente un equipo de traballo da Fundación Semana Verde, encabezado polo seu director, Ricardo Durán.

Continuar co crecemento en tres liñas

Con esta reunión a organización pon en marcha unha cita na que se pretende dar continuidade ao importante crecemento da pasada convocatoria (celebrada do 30 de xuño ao 2 de xullo), a cal se converteu na maior edición celebrada ata o momento, tanto en superficie e empresas presentes como en visitantes. Participaron 180 firmas expositoras (un 34% máis que en 2014) de 18 países, dos cales 56 foron expositores directos (un 27% máis) e 124 indirectos, ocupando unha superficie neta de 9.578 metros cadrados (un 70% máis). Unha excelente resposta do sector que se fixo extensiva aos visitantes, rexistrándose máis de 5.800 durante os tres días de feira, un 5,4% máis que na anterior.

Un crecemento que tamén se fixo patente na presenza internacional no monográfico e que se pretende implementar na edición de 2018. Un aspecto que se reflexa na incorporación ao Comité da entidade pública empresarial Icex España Exportación e Inversiones, a cal tamén participou cun representante na reunión de hoxe.

Este incremento de cifras e negocio é unha das tres liñas de crecemento que se estableceron na reunión para a vindeira edición, co obxectivo de que o monográfico siga a medrar neste sentido en 2018. A elas sumáronse outras dúas liñas, a potenciación da feira a nivel social, como escaparate para mostrar e visualizar a importancia de Galicia no ámbito forestal e na fabricación de maquinaria, e tamén o carácter de difusión, a través dun maior número de xornadas técnicas de calidade para aumentar a divulgación.

Neste sentido abordáronse as posibles actuacións a definir, as cales se fixarán na vindeira reunión do Comité, que terá lugar en setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies