займ срочно

O secuestro da bibliotecaria este venres en Ames

0

Ames, 25 de abril do 2018 – Ames continúa coa programación de teatro infantil e este venres acolle a Sarabela Teatro coa peza O secuestro da bibliotecaria, dirixida e adaptada por Fina calleja.  

O secuestro da bibliotecaria representarase as seis da tarde na casa da Cultura do Milladoiro este venres 27. A peza é unha produción de Sarabela Teatro baseada na obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy. Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez son os actores que se subirán ao escenario.

A obra aborda a historia do rapto de Ernestina, a bibliotecaria de Parangón, por unha banda de bandidos que decidiu secuestrala, malia ser orfa e non ter familiares ricos. O que pretenden os secuestradores e xerar un caos cultural na vila, que obrigue ás autoridades municipais a pagar un rescate. Así e todo, as intencións da banda tomarán novos camiños ao descubrir que Ernestina os contaxiou co virus da varicela e… quen tomaría en serio a uns ladróns coa cara chea de graíños?

As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Así mesmo, tamén se poden mercar anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo. O prezo é de catro euros e aplícanse os descontos habituais a colectivos como estudantes ou menores de doce anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies