O silledense Christian Costoya participa no mundial de karts

0

Silleda, 22 de novembro do 2018 –   O xoven piloto silledense Christian Costoya Sanabria parte hoxe cara a Brasil para disputar na cidade de Joao Pessoa –no distrito de Paraíba- a Rotax Gran Final, o torneo mundial de karts no que representará a España.

Con tan só 8 anos será o máis novo da categoría (compite na sección Micro, de 8 a 11 anos), na que se medirá xunto a outros 35 corredores de outros tantos países. Logo de pechar un ano brillante de títulos, Costoya obtivo o pase para o mundial de karts logo de proclamarse campión en Portugal.

Cristian chegará mañá a Joao Pessoa, ao norte do país, para iniciar o sábado 24 as verificacións administrativas. O domingo 25 terá lugar o sorteo de chasis e motores e o luns 26 será o primeiro día de saída á pista para realizar adestramentos, repetindo nas xornadas posteriores. O xoves 29 terá lugar a clasificación de saída e xa o sábado 1 de decembro chegará a gran cita.

Esta será o primeiro mundial para Christian que acudirá acompañado ,entre outros, polo seu pai, Marcos Costoya, que advirte que o piloto está xa con ganas de vivir a que será unha das experiencias máis importantes da súa exitosa traxectoria.

Dende o Concello, o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González, indican que a participación de Christian, cunha prometedeora traxectoria supón todo un orgullo para Silleda.

Apoio ao deporte individual

Por outra banda, e  á vista de casos coma o de Christian ou o de Diego Iglesias, que vén de triunfar tamén coa doma clásica no Salón Internacional do Cabalo de Sevilla, o goberno municipal está xa a traballar  na redacción dunhas bases para axudar economicamente a deportistas individuais. “Temos máis casos e somos conscientes do esforzo que supón para eles acudir a competicións por iso ademais das axudas para entidades vemos necesario convocar outras subvencións para os deportistas silledenses que compiten a nivel individual”, engade a concelleira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial