займ срочно

O Slalom de Touro chega na fin de semana ao vinte aniversario

0

Touro, 6 de setembro do 2018 –  Fonte Díaz acolle o próximo sábado, 8 de setembro, o seu XX Slalom Concello de Touro puntuable para o Campionato Galego.

A proba automobilística, cita obrigada no calendario de setembro, é puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2018. O circuíto da proba, organizada pola Escudería Touro Motor e patrocinada polo Concello, será de asfalto e está situado nas rúas de Fonte Díaz, capital do municipio.

Imaxe de arquivo

Os organizadores, como xa é de costume, confían na afluencia tanto de pilotos e escuadras de toda Galicia como de afeccionados ao mundo do motor. Tamén apoian a proba a Federación Galega de Automobilismo e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

A proba comezará coas verificacións administrativas e verificacións técnicas. A presentación dos pilotos no parque pechado e a publicación da lista dos pilotos que tomarán a saída está prevista para as 11.00 horas. Ás 11.30 horas procederase a iniciar a saída dos adestramentos libres. A primeira manga dos adestramentos oficiais comezará ás 15.00 horas. As saídas da primeira e segunda manga oficial será cando remate a manga de adestramentos oficiais. Ao finalizar a segunda manga oficial publicaranse os resultados e procederase á entrega de premios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies