O solo

0

A Organización para a Alimentación e a Agricultura das Nacións Unidas (FAO) afirma que a terra e os solos son a base para o desenvolvemento sostible da agricultura, os ecosistemas e a seguridade alimentaria, aspectos esenciais para o mantemento da vida na Terra. Considera este organismo que o solo é un recurso natural non renovable, que a súa perda non é recuperable no período de vida dunha persoa e a súa degradación é unha ameaza real e crecente causada por prácticas insostibles e inadecuadas.

Etapas de evolución do soloA taxa actual de degradación do solo está poñendo en risco a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas necesidades, a non ser que podamos inverter esta dinámica. Dadas as tendencias demográficas actuais e o crecemento esperado da poboación mundial (superior 9.000 millóns en 2050), estima que a demanda de alimentos, pensos e fibras vai aumentar un 60 por cento ata 2050. A xestión sostible dos solos agrícolas no mundo e á intensificación da produción sostible asoman coma imperativos para a seguridade alimentaria mundial, pero estes obxectivos non poderán ser alcanzados a non ser que os solos estean contemplados na axenda das políticas agrarias. Di que hai poucas posibilidades de ampliar a terra agrícola e que gran parte da terra adicional dispoñible non é adecuada para a agricultura, (os custos ecolóxicos, sociais e económicos fan moi cara a súa posta en produción). Ademais, unha elevada porcentaxe da terra agrícola está moi degradada pola erosión, o salgado, a compactación e a contaminación química. Estes procesos de degradación son causados polas malas prácticas na xestión da terra, promovidas por factores sociais, económicos e de gobernanza.

En Galicia non somos alleos a esta problemática e o uso eficiente da escasa terra de alto valor agrícola é un obxectivo prioritario. Ademais das ineficiencias resultantes da competencia (e falta de regulación) pola terra entre o uso agrícola e o residencial (nas zonas da costa), e o agrícola e o forestal (no interior) está o fenómeno dos incendios forestais como cumio da degradación do solo e da ineficiencia no seu uso. Os especialistas veñen apuntando unha serie de factores de natureza socio-económica que están detrás dos incendios en Galicia, como a eliminación dos restos das colleitas, a mellora e o crecemento dos pastos; a xestión do territorio abandonado, … O emprego do lume nestas tarefas, especialmente en condicións meteorolóxicas favorables á súa propagación, son moitas veces a fonte dos incendios.

Outras motivacións están asociadas a conflitos en zonas de reforestación, intereses nos prezos da madeira ou polas declaracións de zonas protexidas. É dicir, estase usando lume en vez dos instrumentos xurídicos para a resolución de controversias e conflitos de interese. Non estamos a xestionar, e si o precisa, un territorio que xa non útil para subministrar cama para o gando e abono para os cultivos. Nalgúns montes a biomasa acumúlase ano tras ano sendo percibida por parte da poboación como unha ameaza, “maleza”, …  en vez de percibila como unha fonte de recursos cun gran potencial económico e social.

Desde as administracións estanse a propoñer restricións no uso do lume, reorientando a idoneidade dos diferentes usos do solo respecto da súa potencialidade, favorecendo a reforestación con especies máis resistentes o lume e establecendo franxas de protección en torno ás entidades de poboación. Todas estas medidas, e outras, están orientadas a previr os incendios e a reorganizar a economía rural pero a melloría non é moita e non se ve o final.

Os nosos solos son os principais damnificados da desfeita e lle pasarán o recibo os nosos fillos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies