O Son do Camiño abre a segunda edición

0

Compostela, 12 de xuño do 2019 – O ano pasado foi un éxito de público e, tendo en conta que se trataba da primeira edición, hai que recoñecer que o primeiro Son do Camiño tivo poucos erros, agora chega o segundo.

Este xoves comeza unha edición que parte con todo vendido polo que a esixencia é máxima. O Son do Camiño tentará este ano resolver os pequenos problemas do 2018 e converterse no festival de referencia que abre a tempada en todo o pais. Máis fontes de auga, mellores indicacións ou accesos máis adaptados son algunhas das tarefas pendentes.  O Monte do Gozo recibiu ademais unha pequena remodelación ampliando as prazas ata as 33.000, a previsión é que para o 2020 a cifra aumente ata unha capacidade de 40.000 persoas.

Primeira xornada

O xoves é día para quentar motores pero hai moito e bo que disfrutar. Royal Republic, banda de rock sueca nacida na cidade de Malmô e cun directo que non deixa indiferente

 

Bastille, londinenses cun xeito de facer música indi con persoalidade propia

 

Dimitri Vegas & Like Mik, dous irmáns belgas que converterán o recinto, ao final da xornada, a partir das dúas da madrugada, nunha discoteca

 

Por alí andaremos e o iremos contando na medida que poidamos… e que nos de o corpo.

Horarios Son do Camiño 2019

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial