O Son do Camiño consolídase na segunda edición

0

Compostela, 19 de xuño do 2019 – O Son do Camiño ven de consolidarse na segunda edición como o festival que abre o verán en Galicia.

Cun tempo moi distinto ao 2018, con chuvia e frío, o Son do Camiño mantivo a boa entrada e conseguiu reter ata casi ao mencer a milleiros de persoas no Monte do Gozo. Tres días intensos nos que a principal crítica foi a decisión de non permitir a subida do transporte. Os 15 minutos de camiñata anunciados pola organización eran na práctica cerca de 25. Unha decisión difícil de entender nun recinto con abundantes accesos que permitirían a circulación de autobuses de xeito áxil.

 Música para descubrir

No apartado musical o festival consegue sempre sorprender. Nun contexto con múltiples plataformas (youtube, spotify, radios musicais…) impiden é moi difícil que todo o mundo coñeza todo. Tras os cabeza de cartel (Rosalía, Black Eyed Peas e Iggy Pop) grupos como Bastille, Bloc Party ou Royal Republic convenceron aos fans ao tempo que gañaban moitos adeptos. Nos nacionais Ivan Ferreiro ou Vetusta Morla convertian o Monte do Gozo nun karaoke. E do escenario pequeno artistas como Beret o Bad Gyal congregaban a unha parroquia máis pequena pero con gañas de festa.

Cara o 2021

Non é unha novidade dicir que o Son do Camiño ten a vista posta no próximo Xacobeo. O festival vai ampliando capacidade e quere chegar a 44.000 persoas no 2021. Pouco a pouco terá que mellorar servizos, aumentar en papeleiras que seguen a ser insuficientes ou en fontes de auga xa que non todo o mundo quere cervexa ou pagar de máis por beber. Non é tampouco unha boa imaxe que os parkings destinados a autoridades estean case baleiros cando a xente está camiñando 25 minutos para chegar. Son detalles fáciles de pulir para converter ao Son nunha das mellores citas do ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial