O Son do Camiño presenta os horarios ao tempo que acondiciona o Monte do Gozo

0

Compostela, 29 de maio do 2018 – O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañados da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, visitaron o avance das obras de adecuación do Monte do Gozo, onde terá lugar O Son do Camiño entre os días 28 e 30 de xuño.

Estas actuacións de mellora e actualización estanse a desenvolver principalmente no interior e no exterior do recinto, no espazo baixo o escenario, en edificios complementarios de aseos e en elementos de despacho de billetes. O auditorio recibe esta posta o día pensando xa no festival Son do Camiño que servirá a finais de xuño para reabrir este espazo de concertos.

Como puideron comprobar na súa visita, as tarefas avanzan segundo o previsto dentro do Plan de Actuación do Parque Monte do Gozo, que xa permitiu a súa recuperación paisaxística e de usos de distintas zonas de lecer, descanso e deporte. Esta rehabilitación integral permitirá que chegue nun estado óptimo ao Xacobeo 2021, cita na que diferentes departamentos da Xunta traballan de xeito coordinado. Grazas ao Plan de Actuación do Parque Monte do Gozo, o pasado verán xa se puxeron en marcha as novas piscinas e está previsto abrir un espazo de recepción de peregrinos a cabalo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava castro, visitarán o Monte do Gozo.

Horarios Son do Camiño

Esta semana presentábanse os horarios para os tres días do festival. As portas abriranse cada xornada ás 15:30 e as actuacións alternaranse en dous escenarios. Deixase tempo entre os concertos con máis previsión de público para que de tempo a cambiar de espazo. Os horarios son os seguintes

  • 15:30 Apertura

    Escenario 1
    16:30 – 17:10 Sexy Zebras
    17:50 – 18:30 Triángulo de Amor Bizarro
    19:10 – 19:50 Talisco
    20:40 – 21:55 Franz Ferdinand
    23:00 – 00:30 The Killers
    01:40 – 02:40 Lost Frequencies

    Escenario 2
    16:00 – 16:30 The Niftys
    17:10 – 17:50 Bala
    18:30 – 19:10 Agoraphobia
    19:50 – 20:30 Republica
    22:05 – 22:50 Rufus T. Firefly
    00:40 – 01:30 Carlos Sadness

  • 15:30 Apertura

    Escenario 1
    16:40 – 17:20 Malandrómeda
    18:00 – 18:40 The Gift
    19:20 – 20:20 Residente
    21:15 – 22:15 Two Door Cinema Club
    23:25 – 00:55 Jamiroquai
    02:15 – 03:30 Don Diablo

    Escenario 2
    16:00 – 16:40 True Mountains
    17:20 – 18:00 Furious Monkey House
    18:40 – 19:20 PLYA
    20:20 – 21:05 L.A.
    22:25 – 23:15 Toundra
    01:05 – 02:05 La M.O.D.A.

  • 15:30 Apertura

    Escenario 1
    16:40 – 17:20 Måneskin
    18:00 – 18:45 The Last Internationale
    19:25 – 20:15 Novedades Carminha
    21:10 – 22:10 Mando Diao
    23:20 – 00:50 Lenny Kravitz
    02:00 – 03:30 Martin Garrix

    Escenario 2
    16:00 – 16:40 Terbutalina
    17:20 – 18:00 Eladio y los Seres Queridos
    18:45 – 19:25 Arce
    20:25 – 21:00 Morgan
    22:20 – 23:10 León Benavente
    01:00 – 01:50 C. Tangana

* Horarios suxeitos a cambios

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava castro, visitarán o Monte do Gozo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies