O sur de Teo poderá dotarse de auga da traída

0

Teo, 10 de xullo do 2018 – A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ven de dar a autorización definitiva para a posta en marcha da ampliación da rede de abastecemento da zona sur do concello de Teo.

A conexión coa rede dará servizo a amplas zonas das parroquias de Reis,Teo e Vilariño, e posibilitará unha nova ampliación ata Bamonde. As veciñas e veciños destas parroquias xa poden solicitar no departamento de Augas de Teo, na casa do concello en horario de oficina, que o servizo municipal realice as acometidas de auga para as súas vivendas.

Os núcleos que poden dispoñer da traída municipal a partir de agora son Xermeade, Olveira, Cerdeira, Fontenlo, Campos, Mallos e Agromaior. En Vilar é preciso facer un topo para dar servizo á outra marxe da estrada, e nos próximos meses realizarase a obra de ampliación ata Vilariño e Bamonde.

A posta en marcha da nova rede viuse atrasada porque nas analíticas iniciais detectouse unha presenza de aluminio superior aos límites autorizados. Diante dun posible risco, a nova rede foi bloqueada e sometida a controis periódicos que determinaron que a presenza de aluminio (debida ao recubrimento interior da tubaxe), foi diminuíndo tralo tratamento de arrastre ao que se someteu.

Os últimos seis meses de análises realizados a petición da Consellería de Sanidade constataron a desaparición do problema e determinaron que a Consellería autorizase a posta en marcha da ampliación con todas as garantías. Co obxecto de trasladar á veciñanza unha garantía permanente, o concello vai incorporar a análise de aluminio aos controis periódicos que se realizan sobre a potabilidade da rede.

Ademais de esta actuación e a realizada no Ferreiriño, antes de final de ano está programada a ampliación da rede cara A Ribeira, A Freiría, O Piñeiro, Pazos, Samar e Valiñas xunto co abastecemento ao lugar de Coira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies