O XVII Campionato Galego de Cetrería disputarase en Ordes

0

Ordes, 13 de outubro do 2018 –  Por terceiro ano consecutivo o concello de Ordes acollerá un campionato de cetrería na localidade de Mesón do Vento.

Segundo estimacións da organización máis de medio cento de aves rapaces participarán os vindeiros 26, 27 e 28 de outubro no que será o XVII Campionato Galego de Cetrería. O venres día 26 o programa arrancará ás 21 horas no Museo do traxe coa estrea do documental ‘Comercio de falcóns nos Emiratos Árabes’, de Adrián González, tras o cal  abrirase un debate e sortearánse as quendas de voo dos participantes do campionato.

O sábado a competición iniciarase ás 9 horas. Durante toda a xornada disputaranse as probas de altanería, baixo voo azores, pequenas aves e baixo voo. Para concluír, ás 21 horas cunha cea de confraternidade entre todos os cetreiros e cetreiras.

O último día, o domingo 28, terá lugar ás 9 horas o inicio dos voos dos finalistas. Xa ás 17 horas entregaranse os trofeos e proclamaranse os novos Cetreiros do Camiño, aos que se lles entregará un diploma e unha insignia exclusiva.

Algunhas imaxes do último campionato celebrado en Ordes

Quen queira competir deberá solicitalo escribindo a campeonatos@galegadecetreria.gal. É requisito fundamental estar en posesión da tarxeta federativa en vigor. As cotas son de 50€ e de 55€ (25€ segundas inscricións) para as probas de altanería e baixo voo respectivamente. No caso das pequenas aves a cota é de 40€ (15€ segundas inscricións). O pagamento deberá facerse na seguinte conta de Abanca ES03 2080 5021 5130 4002 2803. Como máximo admitiranse 20 aves por cada categoría seleccionadas por rigorosa orde de inscrición. Para calquera consulta pódese chamar aos teléfonos 618186976 e 610426030.

Todas as probas terán lugar no campo de competición que se habilitará na parroquia do Mesón do Vento (coordenadas:43º08´24.0”N 8º22’06.5”W).

O xeito de chegar desde o edificio do concello de Ordes pódese ver aquí

O XVII Campionato Galego de Cetrería está organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería, e conta coa colaboración do Concello de Ordes, Sociedade Deportiva O Gatillo, Deporte Galego, Galicia Saudable e Mutuasport.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial